casadosal

Descrición



Casa do Sal foi recentemente seleccionada entre as 10 vivendas senlleiras do mundo (Top 10 casas de vacacións pouco comúns) por iVillage.co.uk prestixiosa revista británica: ver artigo

Hórreos á beira do mar. Tradición costeira, paisaxes incribles e casas tradicionais con característicos balcóns. Combarro é, sen dúbida, una dos máis encantadores pobos de Galicia, un exemplo de arquitectura ben preservada e, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1972.

Nese ambiente único aparece Casa do Sal, perfectamente integrado no espírito do mar e todas as comodidades para unhas vacacións inesquecibles. Este antigo almacén de sal, reformado e rehabilitado, pode acomodar até 4 persoas:

Xusto enriba do mar, a sensación é incomparable. A casa está tamén na máis visitada rúa Combarro, a Rúa do Mar.

Ademais de percorrer paseniño esta poboación senlleira, están localizados moi preto outros atractivos para o turismo, como a cidade de Pontevedra, Sanxenxo, Cambados, O Grove ou as famosas praias das Rías Baixas.

A gastronomía baseada en produtos do mar ten unha reputación internacional, son os pratos típicos, como o lacón con grelos, mexillóns a vinagreta, percebes, empanada, pulpo, mariscos, pescados, impresionantes carnes y deliciosos postres, todo ben acompañado cun viño albariño da zona.

Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...

Dispoñibilidade




non está dispoñible