casdomestre

Entorno



En A LAMA atópanse as montañas máis altas da provincia de Pontevedra, como O Suído (onde aínda habita o lobo e é doado ver manadas de cabalos salvaxes). Desde O Seixo, pódense ver as que sen dúbida son as vistas máis impresionantes das Rías Baixas.

Desde a coñecida como Montaña Máxica (O Seixo) albíscase o inmenso océano e a man de deus na forma das cinco rías, como tamén cara o este, aló ao lonxe, Cabeza de Manzaneda. E sen forzar para nada as nosas corneas, os ollos lévannos cara a provincia de Lugo !até O Courel! (o mellor momento para gozar destas impresionantes panorámicas é o inverno e coas montañas nevadas, pois son máis doadamente identificables).

Este concello posúe ademais fermosas aldeas que conservan a arquitectura tradicional galega (algunhas delas deshabitadas), bosques autóctonos, ríos, fervenzas, rutas de senderismo como O Foxo do Lobo, A Fírveda, a Fervenza da Freixa, Tralos pasos do Camiño Real, a Ruta dos Arrieiros, Ruta da Insua, Ruta de A Larpea, Ruta das Almiñas, Ruta de Laxoso ou a Ruta do Río Verdugo entre outras (ver mapa do entorno) ademais de romarías e festas gastronómicas de interese.

E todo isto coma quen di, a un tiro de pedra de cidades como Pontevedra ou Vigo. E para a quen lle soe o mítico Cuspedriños, tamén está preto de aquí.

Aldeas para visitar: O Covelo, Gaxate, Anceu, Augasantas, O Pelete, Famelga ou Rebordelo entre outras.

Conxuntos histórico-artísticos cercanos (entre 20 e 70 km.):

Pontevedra - Combarro - Cambados - Tui - Valença do Minho - Baiona - Pazos de Arenteiro - Ribadavia.

Monumento Natural de Pena Corneira: 39 km.

Praias máis próximas: Marín a 22 quilómetros - Sanxenxo, corazón das Rías Baixas a 40 km.

Acceso á autoestrada a 20 km.

Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...
Cargando...